Mellor canción e mellor videoclip polo seu sinxelo "Más de lo mismo", mellor álbum por Decencia y Buen Gusto e mellor banda foron o gran palmarés que conseguiu o grupo Combo Dinamo na gala de entrega dos I Premios Inframundo, dedicados á música alternativa coruñesa, entregados o venres na Fundación Caixa Galicia, na Coruña. Ademáis, na gala tamén foron galardoados Los Santos, que levaron o premio á mellor posta en escena, The Orange Soap obtivo o premio á mellor banda revelación e Los Crueles fixéronse co galardón a mellor directo. Chamito el Flaco, que actuou durante a gala, gañou o premio a mellor solista e Álvaro Muras fíxose co de mellor instrumentista. O premio honorífico levouno o compositor Félix Arias. Loretta Martin, Grasa e Silvia Penide foron algúns dos nominados que non acadaron ningunha estatuíña.
Os premios Inframundo son entregados pola empresa promotora Inframundo, que busca potenciar a escena musical local.
Os premios Inframundo son entregados pola empresa promotora Inframundo, que busca potenciar a escena musical local.