Leilía gaña o premio á mellor canción en galego da SXAE

Música contra tanques

16/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
“Pedras contra tanques” de Leilía foi a mellor canción en galego na VIII Edición dos Premios da Música que organiza anualmente a SXAE. A canción pertence ao álbum “Madama” e o seu autor é Suso de Toro. O nome do gañador deuse a coñecer no transcurso da gala celebrada onte, que non se retransmitiu por mor do debate de investidura no Congreso dos Deputados, deixou dous nomes propios: Alejandro Sanz polo seu traballo “No es lo mismo” (que levou os premios de mellor canción pop, mellor álbum pop, mellor vídeo e mellor arranxador) e Bebo Valdés & El Cigala por “Lágrimas negras” (que levaron o premio ao mellor álbum).

Consulta a listaxe cos gañadores no web da SXAE e máis información no web de Leilía

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leilía, Pop, Suso de Toro, Congreso dos Deputados

Claves

Protagonistas
Conceptos