Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk

Xosé Manuel Budiño fíxose cos premios ao mellor álbum e mellor canción

2/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa do disco de Caxade

A XIII Edición dos Premios Opinión de Música Folk tivo en Xosé Manuel Budiño o seu grande vencedor. O gaiteiro de Moaña levou o premio ao mellor álbum polo seu traballo Sotaque e o de mellor tema por Déixame adiviñar, composto canda a Carlos Blanco. Pola súa banda, Alonso Caxade obtivo o galardón ao mellor artista. Na gala, que se celebrou o pasado venres no teatro Rosalía de Castro da Coruña a musicóloga Dorothé Schubarth foi galardoada co premio Andaina Senlleira.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caxade, Folk, Manuel Budiño, Budiño...