Dorothé Schubarth leva o premio Andaina Senlleira de La Opinión

A gala dos XIII Premios Opinión de Música Folk celébrase o 30 de maio

14/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O traballo da musicóloga suíza Dorothé Schubarth na elaboración do Cancioneiro popular galego acaba de ser recoñecido co VII Premio Andaina Senlleira. Esta galardón que recoñece toda unha traxectoria de traballo a prol da nosa música está organizado polo xornal La Opinión e entrégase en paralelo aos Premios Opinión de Música Folk. O xornal adianta hoxe que a gala da XIII edición destes galardóns celebrarase o vindeiro 30 de maio no Teatro Rosalía da Coruña. Pablo Devigo, Saiva Nova, PeldeNoz e Anxo Pintos con Serxo Ces serán as acutacións que acompañarán o evento.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dorothé Schubarth, La Opinión, Folk, Cancioneiro...