Muxicas leva o X premio Andaina Senlleira

Os galardóns de La Opinión recoñecen a histórica formación viguesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A piques de cumprir catro décadas de traballo, a banda viguesa Muxicas acaba de ver recoñecido o seu traballo co premio Andaina Senlleira. O galardón honorífico dos Premios Opinión de Música Folk valoran a traxectoria deste grupo, que ten sete discos ás costas nos que foron explorando diferentes camiños dentro da tradición. Entre os títulos que marcaron este percurso, destacan de xeito especial o álbum duplo Muxicas e Naturalmente, de 1998. O galardón entregarase o vindeiro 12 de maio na Gala dos Premios Opinión, na Coruña, un evento que contará coa actuación de TRIM, do dúo Anxo Lorenzo e Germán Díaz e mais das cantareiras de Algarada.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión, Anxo Lorenzo, Germán Díaz, Folk...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares