
Segundo recolle o xornal, "a Milladoiro débeselle moito. Foron punteiros e pioneiros nunha música de raÃz galega que lles debe estar eternamente agradecida polo seu sobranceiro valor e por amosar o camiño de que o noso folclore dispuña dunha gran riqueza nunha época na que semellaba estar algo esquecido". Entre os seus méritos destacan que "moitos músicos de xeracións posteriores tivéronos coma un exemplo no que mirarse. Mesturaron calidade e profesionalidade coa determinación de crer totalmente nas nosas músicas e sempre cunha abraiante e maxestosa elegancia musical que chegou ao corazón de moita xente. Son deses conxuntos que acadaron plenamente o éxito de público e crÃtica".
Canda a eles, no evento recollerá o seu galardón Abraham Cupeiro, que obtivo o III Premio Acontecemento Musical do Ano pola xira de presentación do seu álbum Mythos. Esta serie de concertos, na que contou coa colaboración da Orquestra Gaos, é un exemplo do seu labor de recuperación de instrumentos antigos que fai del "un artista singular e con eles achega novas sonoridades moi interesantes e orixinais". Segundo apunta o xornal, "Cupeiro ocupa un lugar único no panorama galego cunha aposta musical que non ten precedentes e iso abre un bonito vieiro que esperemos siga percorrendo durante moito tempo".
Ademais dun recital do propio Cupeiro, a gala acollerá actuacións do histórico coro Cántigas da Terra e mais do cantautor Xoán Curiel.