Os XXI Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen a Fol Música

Rosa Cedrón, Pancho Álvarez, Caamaño&Ameixeiras e Álvaro Iglesias recibiron cadanseu galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollía na noite deste 8 de xuño a gala dos XXI Premios Opinión da Música de Raíz. Os galardóns resultaron neste ano moi repartidos e ningún dos proxectos galardoados obtivo recoñecemento e máis dunha categoría.

Deste xeito, Álvaro Iglesias recibiu o premio á mellor adaptación dunha peza tradicional polo pasarrúas de Os Trintas de Trives. Rosa Cedrón recuncou no recoñecemento ao mellor tema orixinal por Ti miña flor. Pancho Álvarez impúxose na categoría ao mellor artista, e o dúo Caamaño&Ameixeiras fixéronse co galardon mellor disco polo seu traballo Aire!. Esta formación e Álvarez encabezaban o número de candidaturas a acumular tres cada unha.

O premio Andaina Senlleira foi nesta ocasión para a discográfica Fol Música en recoñecemento ao seu "compromiso, aposta e entrega á música tradicional" durante trinta anos de carreira. O xurado destacou que a firma foi fundamental pola súa "aposta por artistas emerxentes que foron quen de asentarse, e deron cabida a algunhas das propostas máis interesantes daquela época".

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosa Cedrón, Rosalía de Castro, Teatro, Teatro Rosalía de Castro da Coruña...