Luar na Lubre e Carlos Bau son os únicos galegos nos XIV Premios da Música

A gala de entrega celebrarase o 4 de marzo no Teatro Calderón de Madrid

17/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Só dúas das 28 categorías dos Premios da Música 2010 teñen nome galego. O álbum Ao vivo de Luar na Lubre fíxose co galardón ao mellor disco de música tradicional. Pola súa banda, Nada de Carlos Bau, impúxose aos outros candidatos como mellor canción en galego. A Academia das Artes e das Ciencias da Música facía pública esta mañá a lista de gañadores, mentres a gala de entrega celebrarase o vindeiro 4 de marzo no Teatro Häagen-Dazs Calderón de Madrid.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Teatro, Madrid

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares