A produción galega é finalista en catro categorías dos Premios da Música

Carlos Núñez opta aos premios por mellor álbum de música tradicional e polos seus arranxos

26/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Álbum de música tradicional -Alborada do brasil de Carlos Núñez e ao vivo de Luar na lubre-, mellor intérprete de música clásica -a Real Filharmonía de Galicia-, mellor canción en galego -A nosa estrela de Juan Carlos Fernández Fasero-, máis coñecido actualmente polo seu traballo como director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Madama de Guadi Galego e Nada de Carlos Bau e mellores arranxos -Carlos Núñez por Alborada do brasil- son as categorías ás que optan varios músicos galegos. Ademais, a produción galega Cela 211 está presente nos premios da música grazas á candidatura a mellor álbum de banda sonora cinematoráfica -composta polo andaluz Roque Baños-. Os gañadores da 14 edición dos premios da música daranse a coñecer o vindeiro 17 de febreiro nunha rolda de prensa.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Núñez, Alborada, Brasil, Guadi Galego...