Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi

O Teatro Principal de Ourense acolle a presentación do traballo o vindeiro 11 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi

Catorce novos temas compoñen Extramundi, o disco co que Luar na Lubre celebra os seus trinta anos de traballo. O grupo que lidera Bieito Romero aposta nesta ocasión por "un traballo que transcende do ámbito galego ou celto-atlántico e explora outras culturas desde unha óptica moi íntima e persoal". Así, o conxunto interpreta temas en seis idiomas, entre eles cancións en catalán, vasco ou o clásico da tradición castelá La Molinera. O álbum, editado por Warner Music, inclúe tamén pezas orixinais e adaptacións de temas galegos e sae á venda este catro de decembro. A xira de presentación comeza o vindeiro día 11 no Teatro Principal de Ourense e continuará o 8 de xaneiro en Vigo e o 9 na Coruña.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Teatro, Teatro Principal de Ourense...