Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira

Unha selección persoal e novas versións compoñen o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira

Para o vindeiro nove de decembro sae á rúa XXX aniversario, o álbum co que Luar na Lubre celebra tres décadas de traballo. Segundo anuncia o grupo, o disco recolle unha selección personal que quere "non caer no convencional, sen as cancións máis coñecidas e recoñecidas" e busca "a excelencia dos temas máis agochados do noso repertorio". Canda a elas, sorpresas na forma de revisións de temas como Morrison's jig, Dun tempo para sempre ou o Soldado desgraciado, ou unha transgresora reinterpretación do clásico Fonte do Araño de Emilio Cao. Tamén se poderá ouvir a versión que Mike Oldfield fixo de O Son do Ar. Entre os colaboradores deste novo proxecto, nomes como Ismael Serrano, Coral de "Ruada", Nani García, Victor Iglesias, Christian Delgado, Fernando Fraga ou Irene Cerqueiro.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Emilio Cao, Nani García

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos