Zurrumalla continua de festa con Camiño por ti

O grupo inicia a xira de presentación do seu novo traballo.

25/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: música
32 lecturas | Compartido 0 veces

Tardaron once anos en publicar o seu primeiro álbum, pero semella que os vigueses de Zurrumalla están a lle coller o ritmo. Catro anos depois daquel O que había... e o que hai ve a luz Camiño por ti. O novo álbum, que se á luz da man de Inquedanzas Sonoras, achega dezasete temas de estilos variados a manter o estilo peculiar do sexteto, que mestura acordeóns, gaitas, perdusións e saxo nun son que anova a partir da nosa tradición. O álbum gravouse nos estudios A Lagharteira e Ancestral Estudios, por Isaac Millán. A banda anuncia a súa vindeira actuación o vindeiro 21 de xuño no Festival Benéfico da ELA en Cangas.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas

Claves

Lugares