Linho do Cuco presenta nun concerto o seu novo álbum

O grupo interpreta en III unha selección de temas tradicionais

18/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Aínda que é o seu segundo traballo, Linho do Cuco decidiu chamarlle III ao seu novo disco. A obra achega unha selección de temas tradicionais pasados pola peneira da banda, cun estilo bailable e festeiro. A gravación do proxecto comezou o pasado 5 decembro, e inclúe instrumentos como o acordeón diatónico ou a zanfona. O Salón Teatro de Compostela acolle esta noite, dentro do ciclo ST Música Presente, un concerto que servirá para que a banda dea a coñecer os temas incluídos neste traballo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro

Claves

Entidades
Conceptos