Alvariza debuta con Once badaladas

O grupo amosa folk con ritmo e apegado á tradición no seu primeiro traballo

30/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música

Capa de Once badaladas

Logo de once anos xuntos, o grupo Alvariza acaba de publicar Once badaladas un disco no que interpretan outros tantos temas. Temas tradicionais reinterpretados con instrumentos como o acordeón, a gaita, o clarinete ou o saxo mestúranse con composicións propias dos membros do grupo, mantendo un estilo rítmico e festeiro que inclúe boleros, ritmos ou jotas. Entre outros temas, atopamos pezas rescatadas de grupos como os Padernes, o s Monfortinos ou os irmáns Lamas. O disco pode escoitarse en Spotify ou mercarse en iTunes, ademais de estar dispoñible en locais nos locais composteláns A Bulideira (San Lázaro), A Grileira (Sar) e Decotío (Fonte Sequelo).

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Spotify, Sar

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares