Os irmandiños de Vincios debutan con Monte Galiñeiro

O disco mestura temas tradicionais con composicións propias

| Santiago. Redacción | Seccións: Mega
Compartir:
Capa de Monte Galiñeiro dos Irmandiños de Vincios

Capa de Monte Galiñeiro dos Irmandiños de Vincios

Logo de cinco anos de traballo na música de raíz, o grupo Os Irmandiños de Vincios acaba de publicar Monte Galiñeiro, o seu primeiro álbum. Cun son no que buscan ecos do das murgas tradicionais, o grupo está composto por oito membros que engaden a instrumentos como a gaita ou o tamboril, saxo, clarinete e acordeón. En total presentan 16 temas, entre tradicionais e propios, interpretados cun xeito que quere lembrar os grupos galegos dos anos 30. A vindeira cita para os interesados en coñecer este traballo será o 17 de novembro no Centro Cultural de Vincios. Con posterioridade, o grupo estará tamén presente no Culturgal.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal

Claves

Entidades