Con sete anos de traxectoria ás costas, Tanto nos ten continúa coa súa aposta pola "música tradiciona furtiva", a combinación de sons tradicionais, letras retranqueiras e compromiso coa que pretenden "converter nunha festa cada unha das nosas intervencións". Agora, chegan con Entre néboas o seu segundo traballo discográfico, no que melodÃas e letras tradicionais soan cun coidado acompañamento de bombo, tamboril, tamboril, gaitas, frautas, clarinete, acordeón e pandeireta. O álbum autoeditado, gravouse en directo, foi producido no estudio A Ponte. O grupo atópase en plena xira de presentación. A vindeira cita está prevista o vindeiro 29 de novembro e A Arca de Noe (Vilar de Santos), e continuará pola Casa dos DruÃdas de Vilaboa (6 de decembro), o Nadal Cultural de Rebordáns (Tui, 7 de decembro) e A Repichoca (A Coruña, 12 de decembro).