Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou

O grupo iniciará no Porriño a xira de presentación do traballo

2/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música

Capa de Vellas novas, de Quempallou

O cuarto disco de Quempallou, Vellas novas está xa dispoñible en edición dixital e agárdase a súa chegada ás tendas a partir desta semana. O volume achega 12 novos temas nos que se mesturan letras tradicionais con novos arranxos e composicións propias, mantendo unha sonoridade na que percusións tradicionais, acordeón e cordas serven de base para frautas, gaitas e voz. No web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O grupo comeza o vindeiro 13 de abril a xira de presentación do traballo no Bar Liceum (O Porriño). Os concertos seguirán o 14 de abril noAturuxo (Bueu), o 17 de abril na Casa das Crechas (Compostela), o 20 de abril na Auriense (Ourense), o 27 de abril no FNAC e na Cova Céltica (A Coruña), o 28 de abril na Sala Super 8 (Ferrol), o 5 de maio na Festa do Muiño de Coiro (Cangas) e mais o 16 de maio Fábrica de Chocolate (Vigo).

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Porriño, Casa das Crechas, FNAC, Ourense...