Golfiños debutan con Té, chocolate e café

Un libro-CD e un espectáculo para os máis novos serven de presentación do grupo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Golfiños debutan con Té, chocolate e café

Xa está nas tendas Té, chocolate e café, o libro-disco co que debuta Golfiños. Aínda que con anos de existencia, este grupo orientado aos máis novos da casa lanza agora o seu primeiro traballo no que mesturan melodías tradicionais e composicións propias que falan de diferentes animais, contan adiviñas ou abordan historias orientadas ás crianzas. O grupo, composto por Elena Paz , Diego Paz e Xosé Liz, presentaba o seu espectáculo o pasado 25 de maio en Vigo e está a desenvolver a xira presentación. A vindeira parada é hoxe mesmo na libraría San Pablo de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Xosé Liz, Santiago de Compostela, Vigo

Claves

Protagonistas
Conceptos