Nado a partir dunha actividade escolar, o grupo Donicelas está a presentar o seu segundo traballo, homónimo, cunha xira por todo o paÃs. O sexteto de Salceda de Caselas achega en Donicelas nove temas que gravaron nos Estudios Ancestral e para os que contaron con colaboracións como as de UxÃa Senlle, Paulo Nogueira, Isaac Millán ou Miriam Lorenzo, asà como as de antigos membros do grupo. Nos cortes mestúranse versións de temas populares con composicións propias que manteñen a liña de folk tradicional do grupo. O Porriño acolle este sábado 5 a vindeira parada da xira de presentación do proxecto.