
Canda a eles, Cristina Fernández falará na xornada inaugural do Entroido do Bolo, mentres o dÃa 17 haberá un relatorio sobre Os Galos da Mezquita a cargo da asociación que mantén esta tradición.
O programa complétase con presentacións das últimas publicacións sobre o Entroido tradicional. Deste xeito, o antropólogo Xerardo QuintÃa intervirá arredor do seu Descifrando o Entroido o 16, e o 17 Carlos X. Ares dará a coñecer o seu Animalario do Entroido Galego e Adriana del RÃo e Hadrián Román presentarán O merdeiro. Personaxe da Ribeira.
Todas as persoas participantes no programa farán parte tamén dunha mesa redonda no final de cada unha das xornadas. A Sociedade Antropolóxica Galega organiza esta iniciativa co apoio do Concello de Pontevedra.