Pontevedra celebra as XIV Xornadas sobre o Entroido de Galiza

As festas de Mugares, Aguasantas, a Ulloa ou Laza protagonizan os encontros destes 20 e 21 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioEntroido
Compartir:
Pontevedra celebra as XIV Xornadas sobre o Entroido de Galiza

O Teatro Principal de Pontevedra acolle estes días 20 e 21 de febreiro as XIV Xornadas sobre o Entroido de Galiza que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega. A iniciativa inclúe no programa da súa primeira sesión a presentación do traballo fotográfico Microcosmos de Roberto de la Torre e mais do documental O regreso da Momada. O proceso de recuperación desta festividade de Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade contará ademais cunha presentación a cargo do antropólogo Rafa Quintía e mais de Manuel Suárez, un dos artífices do seu renacemento.

As propostas do día 20 complétanse cun relatorio de Roberto Álvarez encol do Entroido de Mugares, en Toén, e cunha mesa redonda entre as persoas participantes. Para o día 21 o programa conta tamén coa presentación de Anxo Rosales "Pastores de seres indómitos". Bruno Villamor abordará o Entroido na Ulloa a falar do caso de Santo Xusto, mentres María Xesús Blanco Sobrino tratará o de Laza. As xornadas finalizarán con outra mesa redonda a reunir todos os relatorios.

Programa completo das XIV Xornadas do Entroido de Galiza 

Programa completo das XIV Xornadas do Entroido de Galiza

 

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito