Os Entroidos locais máis tradicionais investíganse en Pontevedra

As XIII Xornadas sobre o Entroido ofrecen conferencias sobre moitas variedades desta celebración

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os Entroidos locais máis tradicionais investíganse en Pontevedra

A sala multiusos do Teatro Principal de Pontevedra acollerá os vindeiros 14 e 15 de marzo as XIII Xornadas sobre o Entroido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Este encontro reunirá investigadores sobre diversas celebracións en diferentes puntos do país cada unha con características propias, algunhas xa case esquecidas e outras recuperadas. Así na primeira xornada o antropólogo Xerardo Santomé impartirá unha conferencia sobre 'As entroidadas de Corzáns', seguida da intervención de Jonathan Zúñiga (presidente de la Asociación Cultural e Veciñal de Ribadetea) que falará de 'Mudados e Perriñas: o Entroido rural de Ribadetea'. O antropólogo Rafael Quintía xunto a Manuel Suárez (Asociación Cultural Entroido de Aguasantas) impartirán unha conferencia sobre 'O regreso da Momada: a recuperación do Entroido de Agusantas'.

O sábado seguirán os poñentes presentando outras investigacións así como o libro 'A boreada das mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos entroidos tradicionais de Xermade', a cargo do seu autor Rafael Quintía Pereira. Tamén haberá unha conferencia sobre o Entroido de Merza, a cargo de Belén Guzmán (presidenta da Asociación Cultural Vello dos Cornos) e rematarán estas XIIIas xornadas cunha conferencia e a proxección do documental 'Momotxorroak'.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O faladoiro das máscaras

O faladoiro das máscaras

As Xornadas sobre o Entroido de Galiza levan cinco anos a reflexionar encol esta celebración

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Rafael Quintía, Manuel Suárez, Teatro...