Apenas rematadas as festas, a Sociedade Antropolóxica Galega desenvolverá en Pontevedra as IV Xornadas sobre o Entroido de Galiza. O encontro, que se celebra nas tardes dos vindeiros 19 e 20 de febreiro, inclúe relatorios sobre entroidos como os de Xermade, Prada, en Covelo, a Pita de Eiroás, O HÃo, a Raia ou Ourense. Ademais, investigadores como Xosé Manuel Seixas e Miguel Alonso falarán sobre a construción e o sentido das máscaras tradicionais. As xornadas complétanse cunha exposición fotográfica sobre estas festividades.