
Pola súa banda, en Ponteareas celébrase este venres 15 o I coloquio internacional O patrimonio etnográfico. A propósito da celebración do Corpus en Ponteareas: valor cultural e recurso territorial. Por vez primeira, o concello en colaboración coas universidades de Vigo e de Compostela, complementa a organización desta festa cun evento deste tipo. Estudosos, alfombristas, técnicos e universitarios de Galicia e Portugal participarán durante o encontro en conferencias e mesas de traballo nas que os relatores falarán "do turismo como elemento dinamizador do patrimonio etnográfico, da arte efémera das alfombras de Corpus, do vÃnculo entre o medio ambiente e o patrimonio ou dos centros de interpretación entre outros moitos temas".