Pontevedra acolle as III Xornadas sobre o Entroido de Galicia

Desenvólvense entre o 27 e o 28 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Pontevedra acolle as III Xornadas sobre o Entroido de Galicia

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) organiza a terceira edición das Xornadas sobre o Entroido de Galicia. O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra acolle a nova xeira do encontro, que se desenvolverá entre o 27 e o 28 de febreiro. Entroidos como os do Hío, Campañó, A Limia ou Viana, así como o emprego do bombo en Laza durante esta festa son algúns dos temas que se abordarán nos encontros. Ademais, presentaranse as actas da anterior edición, un libro sobre o Entroido de Marcón e unha guía didáctica sobre os Xenerais do Ulla.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Pontevedra, Guía, Centro de Interpretación das Torres Arcebispais...