Pontevedra celebra as XI Xornadas sobre o Entroido de Galiza

Celébranse os vindeiros 24 e 25 de febreiro no convento de Santa Clara

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Pontevedra celebra as XI Xornadas sobre o Entroido de Galiza

O convento de Santa Clara, en Pontevedra, acolle estes 24 e 25 de febreiro as XI Xornadas sobre o Entroido de Galiza. A Sociedade Antropolóxica Galega organiza esta nova xeira do encontro que analiza estas festividades tradicionais. No programa desta edición Lorena Meis, da marca Aturuxa Galicia presentará o caderno que realizou para dar a coñecer personaxes desta festa mediante fichas para dar cor.

Canda a ela, participan na primeira xornada do encontro Denise Justo a falar do entroido de Carzoá e Marta Delgado que abordará as máscaras dos follateiros de Lobios. Na segunda sesión Xosé Manuel Seixas impartirá unha conferencia sobre Mascaradas do Entroido Galego e Felipe Castro centrarase na contextualización social e cultural do oso de Salcedo.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Pontevedra, Convento de Santa Clara, Sociedade Antropolóxica Galega...