Pontevedra celebra as Xornadas sobre Entroido de Galiza

O convento de Santa Clara acolle a décima xeira deste encontro os días 11 e 12

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Pontevedra celebra as Xornadas sobre Entroido de Galiza

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebra estes 11 e 12 de marzo, a partir da seis da tarde, a décima edición das Xornadas sobre Entroido de Galiza. Co apoio do Concello de Pontevedra, o encontro desenvolverase no Convento de Santa Clara, recuperado en 2021 para uso público.

No programa presentaranse dúas publicacións monográfica sobre o Entroido de Doade e o de Nerga. Ademais haberá un relatorio sobre o de Sande e outro sobre o de San Mamede, que se reivindica como o punto de conexión entre felos e peliqueiros. O traballo do xornal O Sil a documentar o Entroido ourensán ao longo dos últimos 25 anos e mais as mascaradas ibéricas e as súas conexións completan as propostas desta xeira.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Convento de Santa Clara, Sociedade Antropolóxica Galega, Concello de Pontevedra...