Os Bicos de cine de Manuel Moldes expóñense en Pontevedra

A fundación que leva o nome do pintor ten aberta a exposición ata o vindeiro mes de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Os Bicos de cine de Manuel Moldes expóñense en Pontevedra

Desde este 3 de decembro, a sede da Fundación Manuel Moldes expón a serie de debuxos Bicos de cine, que o pintor realizou o pintor para as Xornadas de Cine e Vídeo do Carballiño (Xociviga) de 1991. A colección de 25 obras, custodiada na Filmoteca de Galicia, amosa a afección polo cinema do artista e só se puidera ver anteriormente en tres ocasións.

Alén das propia Xociviga, a mostra estivo presente na Coruña en 1992 e en Madrid en 2007. As ilustracións retratan bicos icónicos do cinema universal, pero recollen tamén homenaxes como a que realiza ao filme Miss Ledyia, primeira película de ficción rodada en Galicia. Xosé Enrique Acuña e Ramón Rozas Domínguez actuaron como comisarios deste proxecto , que se pode visitar ata o 28 de marzo os xoves e venres de 18 a 21 horas e sábados entre 12 e 14 e de 18 a 21 horas.

Que che parece esta nova?
146 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Manuel Moldes, Pontevedra, Xociviga...