
A variedade de estilos e de técnicas predominan nesta proposta, que se pode ver ata o 2 de outubro e fai parte das conmemoracións do DÃa das Artes Galegas, que se lle dedica neste 2022 ao pintor de LalÃn. As mostra completa o percorrido iniciado o pasado mes de marzo cunha primeira exposición de obras inéditas correspondentes coa etapa máis temperá do autor.
Segundo explica a fundación, as obras que se amosan agora por vez primeira abarcan un perÃodo que vai dende finais dos anos cincuenta, ata o ano noventa, un tempo no que o creador "rompe coa noción de estilo único, abrazando un eclecticismo que ilustra a liberdade creativa do pintor e a busca do seu propio camiño, unha vez superados os postulados que caracterizaron ao grupo de Os novos ".
As pezas da mostra recollen tanto figuración expresionista e granÃtica como abstracción na súa vertente xeométrica e orgánica. Deste xeito amosan "un repertorio de solucións expresivas que dá boa conta da versatilidade dun Laxeiro xa maduro e plenamente inserido no mundo profesional da arte". Segundo salienta a presentación do proxecto, o autor "parece utilizar o seu éxito para ampliar a súa liberdade creativa, de xeito que a súa variedade de rexistros forma parte intrÃnseca do interese do seu traballo, como un sinal de identidade irrenunciable".
Destaca desta época a continuidade da inspiración na cultura popular, "ás veces cunha tenrura inédita con respecto á súa primeira época", e que en ocasións leva "a unha sorte de surrealismo onÃrico que sorprende pola súa pegada nomeadamente laxeiriana e, dende aÃ, mergúllase nos camiños da abstracción, nos que o misterio articula todo o relato, ben no ámbito da xeometrÃa, sempre levada á sensualidade do seu trazo, ou no ámbito do xesto máis espontáneo".
Malia a diversidade de estilos, linguaxes e temáticas, na selección que se amosa "imponse a inconfundible pegada de Laxeiro, un feito que, por unha banda, evidencia a liberdade creativa do artista e a súa permeabilidade con respecto ao contexto da época, e por outra, unha marcada personalidade".








