Laxeiro descoñecido I. Obras inéditas de primeira época é o tÃtulo da exposición que abre o programa do ano dedicado ao pintor e que abre as súas portas este 4 de marzo en Vigo. A sede da Fundación Laxeiro acolle esta mostra desde as 18 horas e ata o vindeiro 5 de xuño. A proposta é a primeira das dúas exposicións que a entidade programa ao abeiro da celebración do DÃa das Artes Galegas que a Academia Galega de Belas Artes lle dedica este ano ao artista de LalÃn.
Nestas mostras poderá verse unha selección de obras pertencentes a coleccións particulares que a Fundación localizou logo de 2009, ano en que se publicou o Catálogo Universal dedicado ao artista, e que, polo tanto, permanecÃan inéditas para o público. Desta volta, a sede da entidade amosa un conxunto de debuxos e pinturas datados entre os anos trinta e principios dos anos cincuenta "nas que se pode apreciar a maiorÃa das caracterÃsticas da súa estética e da súa narrativa daqueles anos".
Destas, a Fundación destaca rasgos como "unha figuración non realista, fascinada polo popular e o grotesco, en sintonÃa coas figuracións europeas da primeira metade do século XX;a estética granÃtica que Os novos" xeración artÃstica na que se inseriu Laxeiro, "adoptaron como caracterÃstica diferencial e tamén un certo tenebrismo". A estes "debemos engadir unha imaxinación prodixiosa, coa que se situaba no pensamento máxico da tradición europea medieval e unha habilidade natural para o debuxo e a pintura, o que lle permitÃa alternar linguaxes diversas con facilidade".
Entre os temas dos debuxos e cadros que compoñen a mostra repÃtense as escenas de Entroido, "nas que Laxeiro, ademais de plasmar unha realidade cultural concreta", o artista "ofrece unha mirada esperpéntica do xénero humano, nun contexto histórico no que os acontecementos polÃticos internacionais estaban deixando unha pegada de decepción e falta de esperanza."
Canda a estas, aparecen as representacións do mundo infantil, que retrata como un "ámbito de liberdade e inocencia, aÃnda sen contaminar polas imposicións adultas", a pegada do románico ou o aspecto granÃtico destas obras "denotan a intencionalidade do mozo Laxeiro de construÃr unha estética propia que, no argumental, evidencia unha forte vocación narrativa e fabuladora", segundo destaca o texto de presentación desta entidade.
De fondo, a "construción dunha forma de ver afastada da tradición mediterránea, que pon a atención nas imaxes ambiguas, como consecuencia da luz de Galicia, unha xeografÃa que mira, non ao Mediterráneo, senón cara ao Océano Atlántico, ao Norte onde o descoñecido vai conformando unha visión misteriosa do mundo".
As tres idades. Laxeiro. 1930.
Carnavalada. Laxeiro. 1940.
Sen tÃtulo. Laxeiro. 1945-1950.
Carnavalada. Laxeiro. 1932-34.
Carnavalada. Laxeiro. 1950.
Grupo de feirantes. Laxeiro. 1932.
Virxe do Campo. Laxeiro. 1940.