Os II Premios Manu Lago recoñecen propostas de novo circo

José Luis Rodríguez Kote obtivo o galardón á traxectoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Os II Premios Manu Lago recoñecen propostas de novo circo

O Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollía este 30 de novembro a gala de entrega do II Premio Manu Lago de Novo Circo Galego. O Premio de Recoñecemento foi nesta xeira para José Luis Rodríguez Kote, "veterano artista de circo e figura indispensable na historia do circo galego".

Segundo sinala a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG), que organiza os galardóns, "Kote forma parte da xeración que iniciou a práctica profesional do circo na rúa en Galicia, especialmente na Praza das Praterías, onde abriu camiños e inspirou a numerosos artistas -entre eles Pablo Reboleiro e o propio Manu Lago-. O galardón destaca a súa traxectoria vital, a súa dedicación absoluta á arte circense e a súa extraordinaria calidade humana".

Canda a el, o premio ao Mellor Espectáculo de Rúa foi poara Hoxe si! da compañía Sempre Arriba, mentres Arturo Cobas e Natalia Pajarito fixéronse co galardón á mellor montaxe de sala con Bagaxe. As persoas socias da APCG decidiron as candidaturas gañadoras dos galardóns mediante dúas roldas de votacións.

Que che parece esta nova?
150 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora do circo

A hora do circo

Un ciclo exhibe as relacións do circo con outras artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Santiago de Compostela, Espectáculo...