Pistacatro recibe o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño da MIT

O festival de Ribadavia recoñece o labor da compañía no ámbito do circo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Imaxe de Arnoia, Arnoia de Pistactro

Imaxe de Arnoia, Arnoia de Pistactro

A organización da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia daba a coñecer esta fin de semana o fallo do seu Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño. A compañía Piscatro foi a escolleita para esta distinción, a recoñecerlle un papel "fundamental para a evolución e a consolidación dun referente das artes do circo e o cabaré na cultura galega actual". Co galardón, a organización quere "recoñecer agora a traxectoria de Pistacatro logo de vir de celebrar o seu décimo aniversario e de afrontar importantes retos e innovacións coma a adaptación á linguaxe circense da novela de Xosé Luís Méndez Ferrín Arnoia, Arnoia ou o espectáculo Orquestra de Malabares" que se poderá ver na propia mostra. O fallo réndelle tamén homenaxe a Manu Lago, membro da compañía falecido o pasado ano. A 35 xeira da MIT celebrarase en Ribadavia entre o 18 e o 27 de xullo vindeiros.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Pistacatro, MIT, Méndez Ferrín...