Pistacatro obtén o Premio Nacional de Circo 2025

O xurado gabou a compañía como "impulsores dun novo circo galego"

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Pistacatro obtén o Premio Nacional de Circo 2025

A compañía Pistacatro obtivo o Premio Nacional de Circo 2025 pola "súa destacada labor na creación e difusión de propostas circenses dunha enorme presenza escénica, rigor e carisma", explicou o xurado. Entre os fitos de 2024 destacou "a xira de Drop, unha montaxe sorpredente cunha linguaxe propia e a consolidación do seu espectáculo Orquestra de malabares, no que fusionaron música e circo". O galardón está dotado con 30.000 euros e é concedido polo Ministerio de Cultura a través do Instituto Nacional das Artes Escénicas da Música (Inaem).

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pistacatro, Espectáculo, Artes Escénicas, Ministerio de Cultura...