Todo comezou cunha idea de Quico Cadaval, expresada á lixeira nun encontro de madrugada. "O que tiñades que facer vós era unha versión en circo de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín", díxolles o dramaturgo, actor e director aos membros de Pistacatro. E a compañía colleu a luva. Cando cumpren doce de existencia, este rompedor grupo do novo circo galego desembarca coas súas artes nunha coprodución híbrida co Centro Dramático Galego.
Compostela acolleu, nas últimas dúas semanas, a última coprodución do Centro Dramático Galego, unha proposta na que se mestura novo circo con teatro. A compañía Pistacatro acolleuse á dirección de Quico Cadaval para desenvolver Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena, unha adaptación escénica da obra homónima de Xosé Luís Méndez Ferrín. Esta aposta supón un importante paso para os esforzos que, desde hai máis dunha década, este grupo está a facer por divulgar e dignificar o circo no campo das artes escénicas do país. "Pistacatro leva doce anos a facer todo tipo de proxectos, pero esta é unha aposta totalmente diferente e pensamos que pode abrir unha nova consideración de cara ao circo", explica Belém Brandido, responsable de comunicación, xestión de proxectos e produción e distribución do colectivo. Se ben a compañía xa traballara en 2008 nun proxecto co CDG, a obra Kamikaze, "o singular deste proxecto é a integración de dúas figuras como son Quico Cadaval no teatro e Méndez Ferrín na literatura co ingrediente do circo", lembra Brandido. Para chegar a este punto, cumpriu un longo traballo de reivindicación e de demostración das posibilidades do novo circo, un mundo con un encaixe ás veces complicado nas programacións culturais do país. "Estamos con procesos diferentes, seguimos a apostar por espectáculos de rúa pero tamén nos interesa que o circo estea nos teatros e chegue a público adulto e adolescente, xa que aínda se asocia moito co infantil", explica Brandido. Segundo asegura "o circo é híbrido, e cando consegue un éxito é porque non só hai marabillas técnicas e números espectaculares, senón porque hai unha historia, unha interpretación. Os artistas teñen que se mover, cantar ou tocar música, os espectáculos resultan moito máis completos e integran moitas artes", resume a apuntar as actuais tendencias circenses.
As mesturas máis recentes
Esa vocación interdisciplinar "está presente desde o nacemento da compañía, con xente que viña desde diferente pólas co nexo común do circo" explica Brandido, algo que se pode comprobar na máis recente produción de Pistacatro. Outono, a súa anterior montaxe, xa incluía un forte compoñente dramático. "Chegou nun momento no que os propios artistas que están en escena chegaban a certa idade, e na obra abórdase precisamente o paso do tempo e os valores da amizade e do amor polo circo". A acompañar esa reflexión sobre o tempo, nesta montaxe "houbo un paso cara á madurez na propia concepción do espectáculo, na posta en escena ou na dramaturxia. Hai unha historia que ten ademais moita verdade. Os artistas íspense completamente e viviron moitas das cousas que se contan". Canda a este, outra produción recente da compañía foi Orquestra Malabares, aínda deste mesmo ano. Trátase un proxecto no que seis malabaristas comparten escenario con diferentes bandas municipais de música. "Era algo que levaba tempo no caixón, e resultaba moi complexo a nivel de orzamento e de produción", lembra Brandido. "É a primeira vez que se fai algo así en todo o Estado, unha mestura de tradición e innovación que reúne ademais dous elementos, como son o circo e as bandas, que por moitos anos estiveron ligados. Está a ter un éxito brutal". En xeral "comezamos a abrir un catálogo de diferentes formatos cos que agardamos chegar ao teatro, estar nas rúas e que o público coñeza os espectáculos e os artistas".
As dificultades do circo
Para alén da dificultade intrínseca que teñen acrobacias, malabarismos, clown e outras artes do movemento, a compañía enfronta cos seus proxectos problemas engadidos para chegar co circo a novos ámbitos. "Determinadas disciplinas non entran nos teatros, en moitos casos é unha limitación da altura do escenario", admite Brandido. A necesidade grandes espazos para traballos aéreos ou equilibrismos é nese sentido unha pexa para a expansión destas artes. Canda a isto, o propio ritmo de produción de novos números pode dificultar a integración con outras disciplinas. "Hai traballos de investigación no circo que duran anos. Conseguir alguén faga un pinchacarneiro sobre un cable ou que as cordas voen leva moito tempo e moito esforzo. E logo cómpre ver como trasladar este virtuosismo para contar algo atractivo. Por iso ás veces tampouco é un espectáculo para todos os públicos", admite. Ademais, trátase dun ámbito no que non é sinxelo entrar nos circuítos de salas. "Hai que ir aos poucos. O referente para que a xente estea disposta a ir ao teatro e pagar unha entrada neste campo é o Circo do Sol, e para compañías que son menos coñecidas é complicado, aínda que non máis que para a danza e o teatro. Cómpre ter propostas que entren polos ollos".
A formación
Para alén da conexión con outras artes, o aspecto formativo foi un dos piares da compañía, cunha importante oferta de cursos e actividades para todas a idades en Compostela. "A nave da escola Circonove para alén de servir como lugar de adestramento dos propios artistas da compañía serviu tamén como un espazo de convivencia. Contamos con outros colectivos como o de break-dance, cos que temos en común elementos de equilibrios e de acrobacias e o gusto polo movemento", lembra a xestora de proxectos da compañía. O labor feito nesta nave compostelá fai que "se estea a crear unha xeración de mozos e de mozas que teñen un vínculo máis directo coa arte do circo do que tivemos nós mesmos ou outras xeracións anteriores. Hai xente agora na escola oficial de circo de Portugal que comezou aquí", explica. Canda a isto, "potenciamos tamén os obradoiros de circo nas rúas, que funcionan moi ben de contribúen a dar a coñecer a escola".
A situación
Esta conxunción de perspectivas permitiu que "pouco a pouco se vaia vendo o resultado deste esforzo de anos a picar pedra. Penso que se nota unha madurez, o querer ir facendo as cousas mellor e tentar chegar ao público con proxectos cos que se identifique", asevera Brandido. En xeral apunta que "hai moitos programadores que apostan polo circo. É difícil que o público vaia coñecemento compañías, pero pasa o mesmo coa danza e co teatro. Tes que atinar cos proxectos". Estas artes continúan a manter nos espazos urbanos o seu territorio. "Na rúa cada vez chegamos a máis sitios. É onde se fideliza o público e vemos que é onde máis funciona. Os espectáculos de circo na rúa son nos que podes ver un maior número de asistentes, é brutal". En xeral, segundo apunta "o circo en España está a se asentar cunha grande variedade de espectáculos". A nivel galego, Pistacatro está actuar "como paraugas doutras compañías que traballan no circo. Apoiamos xente nova que se quere dedicar a isto. Colaboramos na produción e deseño de espectáculos e tamén na distribución, colaboramos con propostas como Duelirio, que son dúas aerealistas, a compañía de Danza Traspédiante ou coa compañía Ío". Canda a eles, outras compañías e distribuidoras como Culturactiva están a contribuír ao avance destas artes.
A mestura da Arnoia
Encol da montaxe co CDG, o web da compañía xa advirte do carácter da mesma. "Non se trata aquí de facer un espectáculo de Circo cunha leve desculpa argumental, senón unha peza teatral, de aventuras e prodixios, nas que se usarán os recursos circenses para resolver os problemas escénicos e narrativos que nos inspire a idea motriz". Segundo lembra Belén Brandido, con este proxecto "gustaríanos demostrar unha vez máis que o circo non é só a excelencia da fisicalidade, da pirueta e do aplauso, senón que tamén hai historia e dramaturxia no movemento, o mesmo que na danza. Son artes nas que semella que a palabra non pode tomar presenza, e con estes espectáculos demostramos que non. Pensamos que isto pode abrir novas vías e amosar outros formatos". Xosé Expósito, produtor do proxecto desde a compañía explicaba na presentación da obra que, "o que máis nos gustou de Arnoia Arnoia é que de algún xeito a obra fala da soidade dos nenos, nomeadamente nas guerras. Agora precisamente estamos a vivir un momento moi relevante nese sentido con todos os que veñen refuxiados das guerras que se libran con armas occidentais. Pero pensamos que esa soidade pódese expandir a todos aqueles nenos que por algunha razón quedan sen pai ou sen nai ou teñen que vivir disputas ou violencia nas súas propias casas. E penso que Ferrín nos traslada, a través do realismo máxico a idea de que estes nenos a través dun proceso de resiliencia poden remontar e recuperarse deste lixo no que os metemos o adultos".
A complexidade da mestura
Pola súa banda, o director, Quico Cadaval, recoñecía que este desenvolver proxecto mixto "foi moi complicado", e apunta as peculiaridades do traballo nestas disciplinas. "Hai moito tempo que descubrín o circo é un traballo colectivo no que os que participan deben confiar nos demais. Entón a verdade é que a responsabilidade artística do espectáculo está moi repartida. Eu non pretendía dar instrucións ao elenco de como facer cousas de circo, como moito podía expresar desexos. Para isto confiaba no elenco, que sabe moito". Segundo lembraba o director o circo "só se pode facer en grupo e achegando as propias enerxías, e como unha lei física que se converte nunha lei psíquica e intelectual. A mi asómbrame asistir a esas parte do traballo nas que non teño eu nada que dicir nas que eles están a construír e se dar confianza". Nesa liña de distribución do traballo, Cadaval estivo acompañado de Marcos Ptt Carballido e de Clara Gayo como axudantes de dirección. "Creouse un reparto e unha confluencia que deu nun entendemento global do espectáculo que estábamos facendo, ou das imaxes que exsudaba a obra de Ferrín. Foi difícil pero con moitos e moi grandes talentos implicados", lembraba do director. Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Álvaro Reboredo, Beatriz Rubio e Ánxela Blanco, fixeron as súas achegas desde o escenario. Acrobacias, malabarismos, clown e outras disciplinas mestúranse con danza, teatro corporal e de texto nunha obra poliédrica que traslada a escena o mundo fantástico da obra de Ferrín. Desertos, barcos, mundos subterráneos, bosques e guerras toman forma no escenario coa contribución de Baltasar Patiño a se encargar de escenografía e iluminación, e de Carlos Alonso, responsable do vestiario.
Tirar Ferrín do sagrado
Precisamente, e para alén do carácter híbrido da aposta, o proxecto conta coa dificultade engadida de se basear no texto dun autor consagrado nas nosas letras como é Méndez Ferrín. "Dalgunha maneira retirámoslle a Ferrín esa especie de roupaxe sagrado", explicaba Quico Cadaval na presentación da obra, "porque nestas alturas xa se considera practicamente un morto, canda a Rosalía de Castro ou Curros Enríquez. E detectamos unha intensa vida na súa obra. Apareceu no texto unha mentalidade que é case adolescente e excitante", un carácter particularmente axeitado para unha produción que se orienta a un público a partir de dez anos. O proxecto contou co beneplácito do autor, el mesmo vencellado ao circo desde a súa propia infancia. "Comentou con agrado que na súa infancia o circo foi moi importante. Tiña vínculos familiares co Circo Feijóo, de neno entraba alí, vía como practicaban e como se daban seguridade uns a outros. Viviu moito ese ambiente e tivo esa evocación cando lle presentamos a proposta".
A aposta pública
Á hora de explicar a aposta por producións como esta, Fefa Noia, directora do CDG, apuntaba na presentación da obra que "se ben apostei polo circo a procurar certa renovación tampouco descubrín nada. Cando eu cheguei ao posto o panorama escénico galego era riquísimo e cargadísimo de talento. Podo contar con importantísimas personalidades artísticas para que pasen polo CDG o nutran, colaboren, o alimenten e o vivan como o que é, o teatro público. Nese sentido propostas como a de Divinas Palabras Revolution, ou Martes de Carnaval, foron polémicas pola posta en escena, e isto deixa de amosar que se trata de teatro vivo, que é algo que apreza calquera persoa que ame o teatro. Eu procuraba unha renovación no sentido de que pasen polo escenario do Salón Teatro personalidades artísticas que non pasaran por el, ou que pasaran pouco ou que poderían ter pasado máis e facer visible o que xa estaba aí".
Despois do fito
A incidir no fito que supón para o circo galego esta produción, Ánxela Blanco sinalaba que "como equipo estamos moi contentas de ver esta obra como a demostración de que o teatro e o teatro público é un territorio híbrido, territorio do corpo, do circo, do movemento, do imposible. Esta obra é a demostración de que o circo ten tamén a súa dramaturxia, e que podemos levar un texto sofisticado á linguaxe do movemento". A agradecer a aposta do CDG polo circo, sinala que "estes xestos institucionais son moi importantes pero precisamos máis. Cómpre que a danza e o circo continúen a ter apoio, e son precisos xestos concretos como por exemplo que conten con categorías propias nos premios María Casares". De cara ao futuro próximo, e para alén diferentes proxectos escénicos, Pistacatro quere incrementar a súa aposta pola formación. "A curto ou medio prazo queremos contar con mellores instalacións que nos permitan incrementar o número de alumnos", lembra Brandido. Fóra disto, "gustaríanos chegar a máis público e como obxectivo último, que houbese un Instituto de Artes Circenses en Galicia, igual que hai Centro Dramático e Centro Coreográfico", resume outra vella arela do sector.