Premio de Honra da MIT para Nova Galega de Danza

A compañía ademais presentará en Ribadavia este ano a súa nova montaxe 'Dique'

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Dique de Nova galega de Danza Foto: © Vanessa Rabade

Dique de Nova galega de Danza Foto: © Vanessa Rabade

A compañía Nova Galega de Danza será a nova destinataria do Premio de Honra 'Roberto Vidal Bolaño', co que cada ano a dirección da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recoñece a colectivos ou persoas notoriamente responsables do progreso e do bo labor nas artes escénicas galegas, o que contribúe á modernización e democratización social e cultural. A organización da Mostra deu a coñecer esta decisión que levará a entregar o galardón aos responsables da compañía xusto ao rematar a representación da súa nova montaxe 'Dique', coa que este ano abre a edición 40 da MIT, o 19 de xullo. O espectáculo contou ademais co patrocinio da MIT para a súa realización. Desde a MIT destacan a capacidade demostrada por Nova Galega de Danza para "unir e conectar diferentes xeracións e para facer da danza un fenómeno social, estimulante e de interese amplo" así como o a súa cualidade pioneira no campo da danza de fusión entre a contemporaneidade e o tradicional. Este Premio de Honra leva entregándose desde o ano 2000, cando se inaugurou co dramaturgo que posteriormente lle deu nome: Roberto Vidal Bolaño.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, MIT, Nova Galega de Danza, Roberto Vidal Bolaño...