
Segundo explican desde a compañÃa, esta produción nace do desexo de recuperar unha historia esquecida: o labor das mulleres na construción do Dique da Campá de Ferrol, unha obra que cumpre 150 anos neste 2024. Na súa execución, entre 1874 e 1879, 200 mulleres, as estibadoras, retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas -58.000 cada unha delas-. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes. Nova Galega de Danza convidou a directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafÃo visual único. A peza explora os lÃmites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En 'Dique' hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro.
Preséntase esta montaxe coma un acto de xustiza poética, artellado polo labor dun equipo composto integramente por mulleres nos eidos artÃstico e técnico. A carón de Marta Pazos, artÃfice da dirección de escena e da dramaturxia da peza, destaca, tamén, a figura da coreógrafa Belén Martà Lluch. Coreógrafa, entre moitos outros proxectos, da celebrada serie La MesÃas, Martà Lluch é unha das fundadoras de Mucha Muchacha, colectivo que investiga o folclore para cuestionalo e facelo contemporáneo e que se interroga asemade con perspectiva de xénero sobre a memoria e o corpo. A canda elas traballa, tamén, a compositora Clara Aguilar, considerada unha das figuras destacadas da escena musical contemporánea catalá. Habitual do Sónar ou do Primavera Sound, este 2024 foi candidata ao Goya pola banda sonora de Creatura e mais foi galardoada con cadanseu Premio Gaudà no 2023 e no 2024 pola mellor banda sonora.