A Fundación Carlos Velo outorgoulle a Méndez Ferrín o seu premio anual

O escritor ourensán foi recoñecido como Veliano de Honra este 25 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Xosé Luís Méndez Ferrín. Fonte: AELG

Xosé Luís Méndez Ferrín. Fonte: AELG

A sede da Fundación Carlos Velo, en Cartelle, acollía este 25 de outubro o acto polo que a entidade recoñecía a Xosé Luís Méndez Ferrín como Veliano de Honra. O escritor ourensán foi escolleito para o galardón anual da entidade en recoñecemento ao seu labor para preservar a memoria de Velo e recibiu unha escultura de Acisclo Manzano e un diploma acreditativo.

O acto, ao que Méndez Ferrín non puido asistir por problemas de saúde, contou cunha laudatio de Antonio Piñeiro Feijoo, que fixo un repaso da relación entre o escritor e o cineasta, ademais de intervencións de Carmen Leyte, presidenta da fundación, e de Jaime Sousa, alcalde de Cartelle. No final da homenaxe proxectouse a peza Nuestra señora, producida por Carlos Velo en 1954. O apartado musical correu a cargo das Pandeireteiras do Forrollo.

Que che parece esta nova?
181 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Carlos Velo, Fundación Carlos Velo, Acisclo Manzano...