O Centro PEN entrégalle o Premio Voz de Liberdade a Xosé Luís Méndez Ferrín

O autor acaba de publicar a escolma de artigos Arraiano entre arraianos

11/12/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
3 lecturas | Compartido 0 veces

A Sede de Afundación en Vigo acollía o pasado martes 5 de decembro o acto de entrega do Premio Voz de da Liberdade. O Centro PEN Galicia homenaxeaba con este galardón o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, a destacar a longa traxectoria de colaboracións xornalísticas do autor e a súa defensa da liberdade como grandes méritos. No acto, no que o Ferrín recibiu a unha figura orixinal do escultor Acisclo Manzano, sinalouse o homenaxeado como "clásico en vida", "coñecedor dos segredos da poderosa maxia das palabras" ou "patriota da lingua".
A coincidir con esta homenaxe, Edicións Positivas anuncia o lanzamento do volume Arraiano entre arraianos. A obra, publicada en colaboración coa revista Arraianos, recolle unha selección de artigos de Méndez Ferrín dedicados aos lindes de Galicia. O volume presentarase ao público o vindeiro 16 de decembro no marco das xornadas CultRural en Compostela.

Universo culturagalega.gal

Contextos