Rafa Vilar protagoniza o Día da Poesía do Padroado da Cultura Galega de Montevideo

A traxectoria poética do escritor ceense centrará os actos da conmemoración este ano

21/11/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
56 lecturas | Compartido 0 veces

Rafa Vilar Foto: Distrito Xermar

O Padroado da Cultura Galega de Montevideo ven de escoller ao escritor ceense Rafa Vilar (Cee, 1968) como autor homenaxeado da 31ª edición do Día da Poesía que celebra esta entidade. A traxectoria literaria do poeta, recente gañador da XXIª edición do Premio de Poesía Afundación, e que atesoura outros moitos galardóns literarios, centrará o acto da celebración o vindeiro martes 5 de decembro no Uruguai. Levarase a cabo tamén unha lectura pública de escolmas da súa produción poética. Vilar engádese a unha longa lista de poetas lembrados nesta homenaxe da entidade galega de Montevideo, como foron anteriormente Xosé Luís Méndez Ferrin, Xulio López Valcárcel, Eva Veiga, Manuel María ou Emma Pedreira.

Universo culturagalega.gal

Universos