A comunidade galega en Uruguai recoñece á poeta Olga Novo dedicándolle a súa xornada anual sobre poesía galega

Día da Poesía en Montevideo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicará á poeta Olga Novo o seu Día da Poesía Galega do 2004. Esta xornada académica, que se celebra a finais de decembro, dedícase a un poeta galego vivo e en anteriores ocasións recoñeceu, entre outros, a Darío Xoán Cabana, Manuel María, Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Xohana Torres e Antón Tovar. Olga Novo (Vilarmao-Pobra do Brollón, 1975) exerce a docencia no ensino medio, está considerada como unha das poetas contemporáneas máis relevantes e ten no seu haber importantes galardóns de poesía.

Máis información en Galicia Hoxe
e en Lg3 sobre a máis recente obra de Olga Novo

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Olga Novo, Uruguai, Méndez Ferrín...