Xosé Luís Méndez Ferrín será homenaxeado co Facho d´Ouro

A Agrupación Cultural O Facho outorgoulle o seu galardón anual ao escritor

29/10/2019 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
3 lecturas | Compartido 0 veces

Xosé Luís Méndez Ferrín. Fonte: AELG

Como recoñecemento a "toda umha vida dedicada à cultura do País e à loita no processo libertador do povo galego" a Agrupación Cultural O Facho da Coruña outorgou o seu Facho d´Ouro deste 2019 a Xosé Luís Méndez Ferrín. Segundo publica este veterano colectivo, Ferrín "é hoje um facho referente na defensa da dignidade da Galiza, tanto polo seu empenho a dinamizaçom cultural como polo seu batalhar no processo emancipador do País" ademais de o considerar "umha das figuras mais representativas da literatura galega contemporânea". O homenaxeado recibirá o vindeiro 14 de decembro o galardón nunha cea homenaxe que se desenvolverá no Hotel Riazor da Coruña.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares