Manuel Lourenzo é homenaxeado co Facho d´Ouro

A Agrupación Cultural O Facho recoñece unha vida de traballo pola cultura do país

15/10/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatrosociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces

Fotografía da AELG. Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB)

"Homem de bem, dramaturgo e investigador", así define a Agrupación Cultural O Facho a Manuel Lourenzo, a quen acaba de recoñecer co seu Facho d´Ouro. Con este galardón, o colectivo recoñece o homenaxeado por levar "toda umha vida dedicada à cultura do País e ao povo galego". A entrega do galardón irá acompañada dun acto cívico e unha cea homenaxe que se desenvolverá o vindeiro sábado 15 de decembro no Hotel Riazor da Coruña. Entre os méritos que destaca a entidade de Lourenzo están o ter posto en marcha colectivos teatris como O Facho e a Compañia Teatral Luís Seoane así como a Editorial Castrodouro ou a Escola Teatral Casahamlet.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Manuel Lourenzo, Luís Seoane, Riazor

Claves

Conceptos
Lugares