Os Premios Manu Lago recoñecen tres propostas de novo circo

Pistacatro, N+1 Alfredo Pérez Muíño e Circonove foron galardoadas na primeira edición destes galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Os Premios Manu Lago recoñecen tres propostas de novo circo

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollía este 11 de decembro a gala de entrega da primeira edición dos Premios Manu Lago. A Asociación Profesional de Circo de Galicia recoñece catro propostas de novo circo con estes galardóns que levan o nome do pallaso e malabarista falecido en 2018.

Na gala resultou recoñecido como Mellor Espectáculo de Sala Orquestra de Malabares da compañía Pistacatro. Esta montaxe combina o traballo de seis malabaristas nun ballet aéreo cunha banda de música ou unha orquestra sinfónica nas diferentes localidades nas que se desenvolve.

O mellor espectáculo de rúa foi Circanelo, da compañía N+1 Alfredo Pérez Molino, que combina teatro xestual, danza e acrobacia. O Premio de Recoñecemento pola Promoción do Novo Circo Galego foi para a Asociación Circonove, que desde hai vinte anos desenvolve a súa actividade en Compostela e fundou a primeira Escola de Circo do país.

Estes galardóns naceron para promocionar "a calidade e o talento das artistas e compañías galegas de circo" e recoñecer "o esforzo das súas profesionais". O premio consiste en figuras que lembran a figura de Manuel Lago realizadas pola artista plástica Raquel Germade ademais de diplomas acreditativos.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pistacatro, Teatro, Teatro Principal de Santiago de Compostela, Espectáculo...