Berta Dávila, Ledicia Costas e Eva Mejuto foron galardoadas nos Premios Follas Novas

Os nomes femininos predominan no palmarés dos galardóns do sector do libro

24/4/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
68 lecturas | Compartido 0 veces

Galardoadas nos VIII Premios Follas Novas

A novela Os seres queridos, de Berta Dávila foi seleccionada como mellor obra de narrativa de 2022 nos VIII Premios Follas Novas do Libro Galego. O Teatro Principal de Santiago acolleu na noite deste 22 de abril a gala de entrega dos galardóns anuais do sector do libro galego. Un total de nove das trece categorías dos premios foron para mulleres.
Canda a Dávila, foi tamén recoñecida nesta gala Ledicia Costas na categoría de mellor libro infantil con O neno de lume e Eva Mejuto fíxose co galardón á mellor obra xuvenil por A ladroa da biblioteca de Meirás. Barroco, de Antía Otero, foi seleccionado como mellor libro de poesía e conseguiu ademáis o galardón á obra mellor editada. As alumnas de Paula Carballeira foi a obra escolleita na categoría de teatro, e a versión que realizou María Alonso Seisdedos de Léxico familiar, de Natalia Ginzburg, levou o galardón á mellor obra traducida. A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea de Daniela Ferrández Pérez obtivo o galardón á mellor obra de Ensaio e Investigación mentres o mellor traballo de divulgación foi Memoria diversa, de Eva Mejuto. En libro ilustrado o xurado seleccionou Verme, de Federico Fernández e Germán González para este galardón e en Banda Deseñada foi escolleita Roxín Roxal. A daga do conde de Manel Cráneo e Brais Fierro. Chévere ‪1987-2022‬. Trinta e cinco anos de axitación cultural levou o premio á mellor iniciativa bibliográfica. As Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña, pola súa banda, obtiveron o galardón á mellor iniciativa de promoción da lectura. O xurado desta octava edición estivo formado por Cristina Barbeito Vázquez, David Cortizo Conde, Antonio M. Fraga Allegue, Tensi Gesteira, Lucia Novas Garrido, Montserrat Pena Presas e Nuria Vilán Prado. Na gala tamén se entregaron os premios honoríficos do sector, que foron para a libraría NUMAX, Ediciós do Castro e a escritora mexicana Lydia Cacho. LISTAXE DE OBRAS PREMIADAS NOS FOLLAS NOVAS DO LIBRO GALEGO 2023 PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia PREMIO Á OBRA INFANTIL O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (Ilustrador). Edicións Xerais de Galicia PREMIO Á OBRA XUVENIL A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora PREMIO AO LIBRO DE Banda DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e Brais Fierro. Demo Editorial PREMIO Á INICIATIVABIBLIOGRÁFICA Chévere ‪1987-2022‬. Trinta ecinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora PREMIO Á OBRA TRADUCIDA Léxico familiar. Natalia Ginzburg. Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento PREMIO AO LIBRO DE POESÍA Barroco. Antía Otero. Apiario PREMIO AO LIBRO DE TEATRO As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO Barroco. Antía Otero. Apiario PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña

Universo culturagalega.gal