A escritora Shahd Wadi, o editor Manuel Bragado e o libreiro Rafael Silva será os premiados de honra desta edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego. No marco da gala de entrega de galardóns, que terá lugar o vindeiro sábado, 26 de abril, no Teatro Principal de Santiago de Compostela de 2025, entregaranse estes premios de carácter honorÃfico que foron dados a coñecer hoxe. Cada un deles está dedicido desde unha das tres asociacións convocantes dos recoñecmentos. Os editores premiarán ao editor Manuel Bragado, os libreiros ao fundador da librarÃa Follas Novas de Santiago, Rafael Silva, e as escritoras e escritores galegos recoñecen como escritora galega universal a Shahd Wadi. A gala na que ademais se recoñecerá a produción literaria do ano 2024.comezará as 19:00h e estará presentada polo actor Xosé Barato.
Esta edición quere reivindicar a importancia da comunidade do libro en Galicia, salientando a importancia de cada un dos sectores, autore/as, editoras, librarÃas e público lector que forman unha ampla comunidade na que se poden contar arredor de 600 autores e autoras, máis de 50 empresas editoras e 150 librarÃas. Esta edición dos premios tivo como punto de partida un milleiro de tÃtulos e un proceso de selección posterior de cinco meses. O cumio deste proceso será a gala que se celebrará o vindeiro 26 de abril no Teatro Principal de Santiago. A gala será conducida polo actor Xosé Barato que repasará a actualidade da literatura e levará ao teatro ambientes e sons do mundo do libro. Ademais, estará acompañado pola música en directo do dúo Mr Cool & Rubén Servide, cun formato de guitarra e saxofón. A entrada é libre, pero é necesario solicitar un convite a este enderezo electrónico: oficina@aelg.org.
Cada un dos premios honorÃficos das asociacións ven motivado polas traxectorias valiosas dos homenaxeados. Asà a Federación de LibrarÃas recoñece a Rafael Silva, co-fundador en decembro de 1971 da librarÃa Follas Novas en Santiago de Compostela, concibida inicialmente como unha librarÃa especializada en libro universitario. O proxecto pronto foi máis aló da súa orixe académica, converténdose nun espazo clave para a difusión da cultura galega e nunha librarÃa que, a dÃa de hoxe, continúa sendo de referencia en todo o paÃs. Os editores recoñecen en Manuel Bragado (Vigo, 1959) ao editor, mestre e activista cultural. Foi director de Edicións Xerais de Galicia entre 1994 e 2018 e actualmente traballa como orientador en centros educativos de Redondela. Presidente da Fundación Luzes e colaborador habitual en Faro de Vigo, tamén é autor do blog Brétemas, recoñecido con varios premios, O Premio Escritora Galega Universal, é concedido pola AELG a autora exipcia Shahd Wadi (Exipto, 1983) en recoñecemento á calidade da súa obra e ao seu compromiso coa defensa dos dereitos do pobo palestino desde unha perspectiva feminista. A escritora e investigadora palestina que creceu en Xordania, reside en Coimbra, Portugal.