A novena edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon a súa edición deste ano coa tradicional gala que deu a coñecer as obras gañadoras en cada unha das trece categorías destes galardóns. A gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela serviu de repaso da intensa e prolífica actividade do mundo do libro durante o ano 20223. Os premios reivindican a excelencia acadada en 2023 en librarías e editoras e de entre as sesenta obras que foron candidatas este ano fixeron destacar a importancia das autoras galegas que dominaron en case todas as categorías, no relativo ás editoriais os recoñecementos foron moi repartidos nesta ocasión. O premio de promoción da lectura foi para o Espazo lectura de Gondomar.
Os Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). A gala de entrega foi presentada polo actor Xosé Barato "acompañado" por unha intelixencia artificial entremetida nas intervencións do presentador. A música para esta edición correspondeu a SAL, o proxecto musical de Diego Salgado e Pablo Pazo. O xurado desta novena edición estivo formado por Andrea Barreira, David Cortizo, Beatriz Fariñas, Lorena Gómez, Carlos Negro, Arantxa Nogueira, María Villaverde.
No nome das tras asociacións impulsoras do premios falou Cielo Fernández, presidenta da Federación de Librarías de Galicia. A presidenta salientou na súa intervención o momento que vive o sector "podemos afirmar que un ano máis somos quen de manter a espléndida diversidade do noso ecosistema, tanto editorial coma libreiro, e que a calidade da produción escrita en galego segue a ser moi alta", asegurou. Cielo Fernández anunciou unha serie de actividades que se porán en marcha nos vindeiros meses e que servirán para dar máis presenza á comunidade do libro no país e que incrementarán a colaboración entre as tres asociacións convocantes do premio. Tamén apuntou que o ano vindeiro, décimo aniversario dos Follas Novas, haberá novidades nos premios e na gala.
OBRAS PREMIADAS NOS FOLLAS NOVAS 24
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
'Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo'. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
'O cento voando. Amores, alianzas e monogamias'. Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
'Cinco corujas'. Susana Sanches Arins. Através Editora.
PREMIO Á OBRA INFANTIL
'A botella de lentellas'. Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO Á OBRA XUVENIL
'Burbullas de calma serena'. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
'Maruja Mallo. Enigmaticamente única'. Bea Gregores (i) María Canosa. Editorial Bululú.
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
'Fago o que podo'. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Colección Candemaia. Edicións Laiovento.
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
'Deiche os ollos e miraches as tebras'. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
'Retratos de vodas, partos e funerais'. Silvia Penas. Editorial Galaxia.
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
'Festas de gardar. Díptico para a resistencia'. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
'O gran libro dos nosos montes'. Blanca Millán. Cumio Editorial.
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Espazo Lectura de Gondomar