Falece Manu Lago, fundador de PistaCatro

Era un dos máximos expoñente do circo galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Manu Lago caracterizado para Outono

Manu Lago caracterizado para Outono

Despois dunha longa enfermidade, Manu Lago García, Manu Malabaranda falecía onte 15 de decembro. Lago, un dos membros fundadores da compañía PistaCatro estaba considerado un dos máximos expoñentes do circo galego. Formado en Londres e con diferentes mestres internacionais, creou a compañía Malabaranda e desenvolveu distintos espectáculos como Kamikaze, Purgatorio, Desperta! con PistaCatro, contribuíndo de xeito decisivo á popularización das artes circenses. Outono foi a última montaxe no que participou activamente. A capela ardente está instalada ao longo de hoxe no cemiterio de Boisaca, onde se celebrará unha misa funeral ás 18:15 horas.

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pistacatro, Londres

Claves

Entidades
Lugares