A derradeira lección do mestre de Castelao exhibirase en Pontevedra de xuño a setembro

Contará conha montaxe específica

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A derradeira lección do mestre de Castelao exhibirase en Pontevedra de xuño a setembro

O cadro A derradeira lección do mestre exhibirase no Museo de Pontevedra entre xuño e setembro, e contará cunha musealización específica que o "vincule coas pezas que lle deron forma e motivo, e que se conservan no museo", explico a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, nunha entrevista ao Diario de Pontevedra. Tilve, quen acaba de ganar o concurso para a dirección do Museo, que ata agora ocupaba de xeito provisional, sinala que da mostra formará parte o manuscrito de Co pensamento en Galiza ou a estampa orixinal do álbum Galicia mártir. "A súa exhibición estará vinculada co 90º aniversario da aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936 e co 90ª aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, o acontecemento que lle provoca ese desgarro a Castelao", explicou Tilve.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Museo de Pontevedra, Alexandre Bóveda, Estatuto de Autonomía...