Ángeles Tilve é a nova directora do Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra cesa a José Manuel Rey

A Deputación de Pontevedra cesou a José Manuel Rey, ata agora director do Museo de Pontevedra. Rey, arqueólogo da Xunta, accedera ao posto executivo hai catro anos tras un concurso convocado polo ente provincial, titular do Museo. Ángeles Tilve, a nova directora designada pola Deputación, xa era a conservadora xeral de fondos do Museo e ademais, unha gran especialista na colección de pintura dos séculos XIX e XX. Nun comunicado oficial, sinalouse que os obxectivos da nova etapa serán centrarse no "pulo das coleccións propias do museo e promover a creación de experiencias enriquecedoras para os visitantes", ademais de incrementar o uso de ferramentas dixitais aos diferentes procesos do museo.