
O novo director, pola súa banda, sinalou que "o museo non pode ser un mausoleo, e abrilo á sociedade non significa renunciar ao rigor cientÃfico", de xeito que quere apostar por "unha práctica museal baseada no diálogo, no debate crÃtico, e no fomento do acceso universal a todo tipo de públicos", co desafÃo de "adaptarse a un ritmo vertixinoso a todos os cambios que estamos a vivir nos últimos anos".
Rey, licenciado en XeografÃa e Historia, está especializado na xestión do patrimonio arqueolóxico e na arte rupestre prehistórica. Fai parte do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia desde 1994, dirixe desde 2011 o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e é xefe de sección III no Servizo de ArqueoloxÃa da Xunta desde 1999. É autor de diferentes libros e artigos sobre cuestións de patrimonio e arqueoloxÃa.
O nomeamento prodúcese despois de que a Deputación desestimase o recurso que presentara a Asociación de Amigos do Museo ao proceso de selección. Esta entidade reclamaba que a Deputación non tiña competencia para seleccionar o novo responsable do centro ao estar as competencias sobre museos nas mans da Xunta.